Blogia
Andresadas

Muller ó volante, perigo constante

Muller ó volante, perigo constante Este é un dos moitos ditos populares coñecidos por todos. A maioria dos homes afirman que se lles escapou algunha que outra vez... Se non din ese, utilizan unha variante moi coñecida por todos: "Muller tiñas que ser". Pero, , é unha realidade, ou un dito machista que non ten sentido?

As estadísticas nolo aclaran. no ano 2001, o 78% das mortes por acidentes de tráfico, foron protagonizadas por homes. O mecanismo dos homes é moi sinxelo. Creémonos os amos da estrada, o noso carro é seguridade, non nos vai fallar. Asi pensamos, e a partir dese pensamento, chegan as desgrazas. Moitos direis... si xa, pero se o 78% de mortes as protagonizan homes é porque somos os que máis conducimos... Si, é certo, pero ainda asi, realizando un muestreo equilibrando a balanza para ambos sexos, os homes representan o 68% das mortes...

As mulleres, polo xeral, lle teñen respeto ao carro. Manexano con cuidado, con precaución, e por suposto, por estadística, póñense máis o cinto que os homes, rebasan menor número de veces o límite de velocidade, e, reciben un menor número de multas...Si, a muller tamén pasa menos horas ao volante, e percorre menos quilómetros que os homes, pero ainda asi, outra vez máis, calculando as porcentaxes tomando en conta ese dato, os homes cometen máis acidentes, nun 60%....

Para min , é un dito do que se descoñece a procedencia, e que plasma alguns resquicios da sociedade machista e patriarcal. Temos que asumilo rapaces: elas poden conducir, saben, e, mesmo, o fan mellor que nós... pasamos a época na que só habia un carro familiar, e agora hai un coche para a muller e o home. Por último, un orixinal consello: Precaución, amig@ condutor/a.

1 comentario

Duffman -

K pasa Andrers!! Ó igual que ti, penso k as mulleres son máis prudentes caos homes na carretera; baixo o meu punto de vista, a causa de que existan tópicos acerca de que as mulleresconducen peor penso que se remonta (en España) aos tempos do asasino Franco, sesa epoca as mulleres non conducian, e cando estas comezaron a usar os automobiles (logo do franquismo) os homes non crian que elas tamen puderan, co tempo foise aceptando, e oxe quen negue que as mulleres polo xeral son mais prudentes non está no certo.
Nembargantes, penso que isto tende a desaparecer, e paulatinamente estase a equilibrar a balanza, xa que dentro do contexto globalizador masivo actual, as mulleres e os homes parecemonos cada vez máis..
Bña my friend!! b&a